RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou esta mañá en Abegondo a preparar a visita ao Betis

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita ao Real Betis, prevista para este sábado 16 de setembro ás 18:30 horas (Bein Laliga) no Estadio Benito Villamarín de Sevilla.

A mañá arrancou nun dos ximnasios do complexo deportivista, cun traballo preventivo. Acto seguido, xa no céspede, os futbolistas realizaron un exercicio de posesión e un partido en espazo reducido.

A partir de aquí, os futbolistas que xogaron de inicio o pasado domingo ante a Real Sociedad tiveron tarefas de recuperación (estiramentos, ximnasio, masaxe...) e o resto do cadro continuou con fútbol de alta intensidade.

Ademais de Carles Gil, operado onte á noite en Porto, hoxe adestrouse á marxe Rubén, co readaptador Fran Molano; e Luisinho cos fisioterapeutas, a consecuencia dun golpe no seu xeonllo dereito.

Mañá mércores, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 10:30 horas.