RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor completa a súa participación na primeira temporada de LaLiga Genuine

O Deportivo de LaLiga Genuine disputou esta fin de semana en Vigo a cuarta e última xornada de competición da Temporada, após as citas que previamente tiveron lugar en Vilarreal, Tarragona e Mallorca. Na cidade olívica o equipo estivo dirixido por Manu Sánchez, adestrador do Dépor-ABANCA, xa que Pablo Barros, o adestrador durante todo o ano do equipo, disputou e gañou co Alevín A campionato galego esta mesma fin de semana.

En Vigo, o Dépor de LaLiga Genuine despediuse con dous empates e unha vitoria dunha liga que gañou o Espanyol de Barcelona pero da que todos os clubs participantes son auténticos vencedores polo reto de integración, convivencia e deportividade que todos os equipos levaron á súa máxima expresión.

Nástic-Dépor (2-2)
1ª parte (2-0)
2ª parte (0-2: Chema e José Manuel)
3ª parte (0-2: Álex Gómez e Iván Lorenzo)
4ª parte (1-0)

Dépor-Athletic (1-1)
1ª parte (0-0)
2ª parte (2-1: Chema -2-)
3ª parte (0-1)
4ª parte (1-1: Chema)

Dépor-Huesca (2-0)
1ª parte (3-1: Chema, Iván Lorenzo e Álex Gómez)
2ª parte (1-0: Álex Gómez)
3ª parte (1-1: Álvaro)
4ª parte (1-1: Álvaro)

O Dépor de LaLiga Genuine, que todas as semanas adestra na Cidade Deportiva de La Torre e que con tanta paixón e ilusión defendeu as cores do Dépor e da propia cidade durante esta temporada, continuará traballando xa pensando en LaLiga Genuine 2018-2019.