RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor, con todo ante o Málaga CF

O Dépor citou a todo o seu cadro para recibir mañá mércores 12 de xuño en ABANCA-RIAZOR ao Málaga CF no partido de ida de semifinais polo ascenso a LaLiga Santander (21:00 horas, Movistar Partidazo). "Están todos dispoñibles, todos preparados, con ganas de xogar", asegurou José Luis Martí en rolda de prensa.

Os futbolistas branquiazuis realizarán mañá mesmo unha última sesión de activación en ABANCA-RIAZOR a partir das 12:00 horas, "para acabar de perfilar as últimas ideas de cara ao partido", explica o técnico deportivista.

No adestramento de hoxe, Martí contou cos canteiráns Víctor García, Valín, Álex Cobo e o porteiro xuvenil Alberto.

Após un quecemento, o adestrador branquiazul dispuxo un traballo táctico no campo 2, un partido a tres cuartas partes de campo e, para concluír, un repaso ás accións de estratexia (saques de esquina...)