RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor concentra o traballo previsto para hoxe xoves nunha única sesión

O Deportivo concentrou todo o traballo previsto para hoxe xoves, de "moita resistencia, moita carga", nunha única sesión matinal. Os técnicos branquiazuis suprimiron a dobre quenda que inicialmente estaba prevista.

De maneira individual e en dúas quendas (9:30 e 11:00), os futbolistas branquiazuis desenvolveron o traballo que cada día reciben no seu domicilio do preparador físico Manuel Pombo vía WhatsApp.

Tal e como explicou Ager Aketxe en rolda de prensa trátase de "moito traballo de resistencia, moita carga; e traballando con esa fatiga. É o obxectivo desta semana".

Após o quecemento no campo 1; exercicios de técnica con balón no 2; un circuíto físico no campo de fútbol 7; e, para concluír, progresións no campo 3 coordinadas polo preparador físico, Manuel Pombo.

Mañá venres haberá un novo adestramento que arrincará ás 09:30 horas, como é habitual.