RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor concéntrase con 19 futbolistas para medirse ao Real Madrid

Pepe Mel citou a 19 futbolistas (incluídos o tres porteiros) para medirse esta noite en Riazor ao Real Madrid (21:30, Movistar Partidazo), en partido pertencente á xornada 34 de LaLiga Santander.

O adestramento desta mañá, coa única ausencia de Pedro Mosquera, foi fundamentalmente táctico, con ensaio de movementos ofensivos e xogadas a balón parado.

O equipo concentrarase para comer no Hotel Meliá María Pita. Ao acabar o encontro de hoxe, os futbolistas convocados regresarán de novo ao hotel para cear todos xuntos. Unha boa alimentación é fundamental para favorecer a recuperación, posto que este domingo 30 de abril toca visitar ao Osasuna no Sadar.