RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor concéntrase este mediodía con 18 futbolistas para recibir pola tarde ao Málaga Cf

O Deportivo concéntrase este mediodía no Hotel Meliá María Pita con 18 futbolistas para recibir ao Málaga CF esta tarde en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas, Movistar Partidazo), en partido correspondente á 8ª xornada en LaLiga 1|2|3.

A novidade na citación de Natxo González é o regreso de Diego Caballo, que onte venres recibiu a alta médica. Son baixa forzada por lesión Borja Valle, Fede Cartabia, Vicente Gómez e Dubarbier.

Esta mañá, após unha sesión de vídeo, o técnico deportivista realizou un último retoque táctico sobre o céspede do campo 2 de Abegondo.

Após o partido ante o Málaga, o equipo volverá aos adestramentos mañá luns 8 de outubro ás 11:00 en Abegondo.