RCD / NOVAS

O Dépor concéntrase este mediodía con todos os seus dispoñibles, ademais dos fabrilistas Mujaid e Gandoy

20/12/2019 13:00

Luis César citou a todos os seus futbolistas dispoñibles, un total de 19, para medirse esta noite en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol) ao CD Tenerife, en partido que pecha o ano 2019. Ademais están convocados os fabrilistas Mujaid e Gandoy, para un total de 21 xogadores.

Causan baixa de maneira obrigatoria Michele Somma, sancionado pola súa expulsión do pasado sábado en Ponferrada; e os lesionados Gaku e David Simón.

Esta mañá, o cadro tivo en ABANCA-RIAZOR unha sesión de vídeo no vestiario e uns estiramentos con xogos, todo iso a cuberto, sen pisar o céspede.

Os convocados concéntranse este mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.