RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor concluíu hoxe unha semana sen partido con Miku facendo tarefas co grupo

O Deportivo finalizou hoxe venres cun último adestramento matinal unha semana sen partido no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B. O próximo compromiso oficial para o conxunto deportivista será o domingo 7 de marzo ás 19.00 (TVG) en ABANCA-RIAZOR ante o Pontevedra CF.

O único futbolista que está estes días á marxe do grupo, Miku, comezou esta mesma mañá a realizar algunha tarefa co grupo. O dianteiro branquiazul, que completou a xornada co readaptador Fran Molano, entra pois na recta final da súa recuperación.

Todos os demais membros do cadro completaron a semana no céspede; hoxe venres ademais cos canteiráns Alberto e o central xuvenil Dani Barcia.

Rubén de la Barrera aproveitou estas sesións para insistir no traballo táctico, hoxe con ensaio de mecanismos defensivos. Un partido a metade de campo 3, no que non participou Derik de acordo cos Servizos Médicos, serviu para concluír a mañá. Retirouse ao vestiario antes Diego Villares, a consecuencia dunha contusión nun xeonllo.

O Dépor descansará sábado e domingo; e regresará aos adestramentos o luns 1 de marzo ás 18:30 en Abegondo.