RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor continúa sumando quilómetros nas Eiroas

Deportivo e Bergantiños FC víronse as caras por oitava vez na súa historia, na cuarta visita branquiazul ao Campo das Eiroas, todas elas no último lustro. O técnico Borja Jiménez volveu poñer en xogo un once distinto en cada parte para seguir rodando aos seus futbolistas fronte ao conxunto de Carballo, que levou a vitoria ao dar a volta ao tanto inicial de Alberto Quiles.

Nas filas do conxunto local formaron varios exjugadores de #ANOSACANTEIRA, como Iago Parga, Marcos Remeseiro, Antón Concheiro, Boedo ou Uxío da Pena.

Na primeira metade, o dominio foi alterno ao longo dos 45 minutos, aínda que con mellores accións trenzadas de ataque e ocasións máis claras para os branquiazuis. O Deportivo adiantouse no marcador superada a media hora de xogo. Quiles fusilou a Santi Canedo cun disparo cruzado despois de recibir en profundidade de Miku, ao que dobrara por dentro. O venezolano asistiu con moita calidade ao andaluz.

Con todo, cando estaba a piques de chegar o descanso, o Bergantiños montou un veloz contragolpe após un córner a favor do Dépor. Uxío culminouno empuxando ao fondo das mallas o pase da morte de Brais Martínez, que dobrara no extremo esquerdo a Boedo.

Na segunda parte, o Deportivo saltou cun once completamente novo, no que destacou o regresou de Borges e o baleiro no lateral dereito, onde actuaron dous centrocampistas: primeiro Diego Villares e nos minutos finais, Josep Calavera.

Con todo, empezaron ben os branquiazuis, que puideron adiantarse no marcador nunha clara oportunidade de Noel, que rematou á esquerda da portería local desde o interior da área. Pero recentemente superada a hora de xogo, Escobar adiantou ao Bergantiños FC ao aproveitar un balón longo e definir no man a man cun disparo cruzado pau contrario, imposible para Alberto Sánchez. Remeseiro puido sentenciar cun libre directo que repeleu o traveseiro poucos minutos máis tarde.

De todos os xeitos, o Deportivo apertou no tramo final. Borges, de media chilena, enviou a pelota moi preto do traveseiro. Keko e Noel tamén probaron a Brais Pereiro con senllos disparos rasos desde a dereita do ataque herculino, pero o porteiro local estivo seguro.

Bergantiños CF: Santi Canedo (Brais Pereiro, min. 46), Currás (Blas, min. 46) (Estramil, min. 80), Agulló, Parga (Iker, min. 46), Brais Martínez (Aarón Rama, min. 66), Remeseiro (Mario, min. 86), Brunet (Uzal, min. 46), Concheiro (Carlos López, min. 46), Boedo (Martín Lamelas, min. 46), Uxío (Escobar, min. 46) e Yelco (Cano, min. 46).

RC Deportivo: Mackay (Alberto, min. 46), Trilli (Diego Villares, min. 46), Pablo Trigueros (Jaime, min. 46), Borja Granero (Lapeña, min. 46), Aguirre (Héctor Hernández, min. 46), Gandoy (Borges, min. 46), Álex Bergantiños (Josep Calavera, min. 46), Juergen (Rafa De Vicente, min. 46), William (Keko, min. 46), Miku (Noel, min. 46) e Quiles (Yeremay Hernández, min. 46).

Goles: 0-1 Quiles (min. 34); 1-1 Uxío (min. 44); 2-1 Escobar (min. 62).

Árbitro: López Vila (c. galego). Cartón amarelo a Borges (min. 80) e Héctor Hernández (min. 87).

Incidencias: terceiro partido amigable da pretemporada 2021-2022 disputado no Campo das Eiroas con asistencia limitada a 450 espectadores debido á pandemia de COVID-19.