RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor convida a todas as nenas, nenos e institucións sociais da cidade á Youth League

O Real Club Deportivo quere converter de novo o partido de ida da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións da Youth League nunha gran festa para toda a mocidade da cidade e para o fútbol formativo coruñés, coincidindo cunha nova cita europea para o Club. Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR o mércores 3 de novembro a partir das 20:00 h. para o partido contra o Maccabi Haifa FC.

Co obxectivo de impulsar os valores positivos do fútbol, a Fundación RC Deportivo quere que o partido da Uefa Youth League sexa outra vez unha experiencia internacional única para os nosos mozos e para todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade. Todos os colexios e ONG's que queiran estar en ABANCA-RIAZOR só teñen que dirixirse á Fundación RC Deportivo para solicitar as súas invitacións. Para manter a trazabilidad e cumprir o protocolo COVID, unha vez recibidas por cada entidade, o sistema de adxudicación de entradas pediralles os datos completos dos destinatarios, polo que se roga que o número de entradas solicitadas axústese ao que finalmente se vaia a utilizar.

Atenderanse todas as solicitudes recibidas antes do venres 29 de outubro ás 12:00 horas na dirección de correo electrónico fundacion@rcdeportivo.es incluíndo os seguintes datos:

- Razón social da entidade

- Domicilio Social

- Obxecto social (colexio, fundación...) e fins nos que traballa

- Nome completo da persoa responsable da xestión das entradas

- Correo electrónico da persoa responsable que recibirá as entradas

- Teléfono de contacto

- Número de entradas que se solicitan

Unha vez recepcionadas todas as peticións a propia semana do partido a Fundación RC Deportivo confirmará a dispoñibilidade das invitacións.