RCD / NOVAS

O Dépor de LaLiga Genuine participa no I Torneo Genuine Club Torre con motivo do 90 aniversario do Torre SD

07/06/2019 17:37

O campo 2 da Cidade Deportiva de La Torre acolle mañá sábado o I Torneo Genuine Club Torre con motivo do 90 aniversario do club branquiazul. Nel participará o Dépor de LaLiga Genuine xunto aos outros dous dos equipos galegos que teñen equipo desta categoría: o CD Lugo e o Sofán CF. O Torre SD estará representado no cuadrangular por un equipo formado integramente por xogadores do Real Club Deportivo.

Os futbolistas convocados para o Torneo son: Andrés Manuel Barbeito Sendino, Iván Bernárdez Palmeiro, Gabriel Cives Blanco, Sergio Díaz Rodríguez, María del Carmen Durán Rodríguez, Senén Fernández Díaz, Bárbara Gabriela Flores Flores, Ignacio García González, Alejandro Gómez Barbeito, Jesús Máximo González Escudeiro, Roi González Rodríguez, Nikita Kharlamov, Gabriel López No, Álvaro López Peribáñez, Alejandro Lugrís Mato, Samuel Martínez Ares, Anxo Martínez Barreiro, Javier Martínez Iglesias, David Miranda Acosta, Alejandro Agustín Pereira Sayar, José Manuel Serrano Sánchez, Juan Andrés Taboada Montero, Juan Agustín Torrens Martínez, Daniel Trasancos Lima, Víctor Vales Ruz, Cristian Vázquez Gerpe e Mario Ventura Cortizo.

Os horarios dos partidos son os seguintes:
10:00 horas Real Club Deportivo - Torre SD
11:00 horas CD Lugo - Sofán CF
12:00 horas: Final
13:30 horas entrega de trofeos, coa participación da directiva do Torre SD e o presidente do Real Club Deportivo, Paco Zas.