RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor de LaLiga Genuine viaxa a Tarragona para a segunda xornada

Após a disputa en Vila-real en outubro da primeira xornada, LaLiga Genuine celebra a súa segunda fin de semana de competición até o domingo en Tarragona.

Os xogadores dirixidos por Pablo Barros e Luís Pastur que emprenderoneste mediodía viaxe a terras catalás, xunto cos tamén responsables da expedición Lucía Otero e Andrés Echevarría, son: Ignacio García, Víctor Vales, José Manuel Esmorís, Senén Fernández, Samuel Martínez, Borja Eiroa, Sergio Díaz, Daniel Trasancos, Alejandro Lugrís, Iván Lorenzo, Jesús González, Juan Torrens, Mario Ventura, Alejandro Gómez, Javier Martínez e José Manuel Serrano.

O calendario branquiazul no Complexo Deportivo de Fútbol en Salou é:

Sábado 20
12:00 h. Deportivo - SD Huesca
18:00 h. Deportivo - Nástic de Tarragona

Domingo 21
10:00 h. Deportivo - Club Atlético Osasuna

Todos os partidos divídense en 4 tempos de 10 minutos cada un e o resultado final é o de períodos gañados por cada equipo e non o de goles anotados. É dicir, o marcador máis avultado que se poderá dar é o 4-0.

En LaLiga Genuine, ademais da suma de puntos polos resultados deportivos, co fin de que prime a deportividade e non a competitividade, todos os clubs contarán cada xornada cunha serie de puntos que premien o xogo limpo. Trátase dunha liga para compartir, non competir, e todas as accións que promovan o fair play serán premiadas con puntos na clasificación final.