RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor disputou un amigable contra o Fabril, esta mañá a porta pechada en Riazor

O adestramento desta mañá consistiu nun partido de dous tempos de 45 minutos entre o Deportivo e o Fabril, a porta pechada en Riazor.

Pepe Mel actuou de árbitro, repartiu consignas entre os seus futbolistas e ordenou repetir accións a balón parado.

Participaron todos os xogadores do primeiro equipo salvo Juanfran e Fernando Navarro, que se adestraron co readaptador, Fran Molano, nas instalacións da Casa del Auga primeiro e sobre o céspede de Riazor despois.

Nacho Monsalve e Lucas aliñáronse co Dépor fronte aos seus compañeiros fabrilistas.

Mañá xoves 13 de abril, o equipo regresará a Abegondo. Será ás 10:30 na cidade deportiva.