RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor dosifica as forzas con só un traballo táctico baixo unha persistente choiva

Un exercicio táctico no campo 2 foi a tarefa principal do Deportivo, hoxe ademais co meta fabrilista Álex Cobo, nunha mañá fría e moi chuviosa en Abegondo.

José Luis Martí programou unha sesión de apenas unha hora de duración nunha semana curta de traballo; co obxecto de dosificar ao máximo as forzas dos seus futbolistas.

Deste xeito, o técnico deportivista comezou a ensaiar o partido deste venres 26 de abril (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Numancia no Nuevo Estadio Los Pajaritos.

A mañá arrancou cun quecemento e uns rondos; e concluíu para os que non xogaron de inicio o pasado domingo ante o Extremadura UD cunha tarefa de automatismos de ataque e finalizacións.

A titulares fronte ao conxunto estremeño, ademais de David Simón, retiráronse sen realizar este último exercicio, para completar a mañá no ximnasio.

Adestráronse á marxe do grupo Krohn-Dehli e Borja Valle, este con unhas molestias na ingua, pendente de evolución nas próximas horas.

Mañá mércores, os futbolistas adestraranse de novo ás 11:00 horas en Abegondo.