RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor e o fútbol galego apoian a campaña de micromecenado Biopsia Líquida

Os laboratorios do Hospital Universitario de Santiago nos que levan a cabo estudos vangardistas na loita contra o cancro a través da biopsia líquida acolleron esta tarde a presentación da campaña de apoio á que se unen todos os equipos galegos das grandes cidades. Pedro Mosquera, acompañado por Martin Pita, conselleiro da área social, representaron ao Deportivo xunto a xogadores e directivos do Real Club Celta, CD Lugo, Rácing de Ferrol, Ourense e Compostela.

A campaña terá a súa visibilización en todos os partidos que se xoguen este fin de semana en Galicia, nos que os xogadores saltarán ao campo con camisetas pedindo a colaboración, ademais das mensaxes que se difundirán en redes sociais, videomarcadores, megafonía e os estadios a través de voluntarios.

Para colaborar coa investigación oncolóxica en Galicia a través da biopsia líquida só hai que entrar en www.oncomet.es e facer a achega desexada.