RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor e Termaria Casa da auga asinan un acordo para que o equipo utilice as súas instalacións

O Real Club Deportivo e Termaria Casa da auga asinaron un convenio de colaboración para que todo o persoal do primeiro equipo e o corpo técnico poidan gozar da zona Club das súas amplas e modernas instalacións para levar a cabo os adestramentos e recuperacións que sexan necesarios ao longo da tempada, tanto de forma individual como grupal. Deste acordo tamén se beneficia o primeiro equipo feminino, que levará a cabo os seus adestramentos de recuperación en Cásaa da auga.

Claudio Orjales, director de Termaria Casa da auga e Fernando Vidal, conselleiro da área deportiva do RC Deportivo, selaron o acordo antes de visitar xunto a Gaizka Garitano as instalacións situadas xunto ao estadio de Riazor que os técnicos terán á súa disposición para que os xogadores leven a cabo sesións de traballo e recuperación tanto nos ximnasios e salas como na zona de augas.

Termaria Casa da auga convértese deste xeito en novo partner do RC Deportivo, algo do que tamén se beneficiarán os socios do Club en próximas promocións.