Natxo González citou a 18 futbolistas para o partido do Deportivo desta tarde en ABANCA-RIAZOR ante o Real Zaragoza (20:30, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 18ª xornada en LaLiga 1|2|3.
A novidade é o regreso de Fede Cartabia, que onte recibiu a alta médica. Tamén entraron na convocatoria Diego Caballo e David Simón, recuperados finalmente dos seus problemas físicos.
Quedan fóra de maneira obrigatoria Saúl García, sancionado; e Carlos Fernández e Gerard Valentín, lesionados.
Na suave sesión desta mañá, habitual os días de partido, ademais dun quecemento e uns rondos, o equipo realizou un último repaso ás accións a balón parado.
Os convocados concéntranse este mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.