RCD / NOVAS

O Dépor encara desde mañá unha dura semana ligueira, con Racing e Cádiz en ABANCA-RIAZOR

13/01/2020 11:50

O Deportivo afronta desde mañá martes 14 de xaneiro unha dura semana ligueira, coas visitas consecutivas a ABANCA-RIAZOR do Real Racing Club (xoves 16 ás 19:00 horas, Movistar LaLiga) e Cádiz CF (domingo 19 ás 16:00 horas, #Vamos).

Fernando Vázquez dispuxo ademais cinco adestramentos matinais, nun principio todos en Abegondo ás 10:30 horas.

Como sempre que haxa actividade, o cadro reúnese para almorzar (9:30) e comer nas instalacións habilitadas para tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 14 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 15 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Xoves 16 de xaneiro
10:30: Adestramento de activación
19:00: Deportivo - Real Racing Club, en ABANCA-RIAZOR

Venres 17 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Sábado 18 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 19 de xaneiro
16:00: Deportivo - Cádiz CF, en ABANCA-RIAZOR

RCD / AXENDA

17 XUL

Venres 21:00 Estadio Municipal de Anduva

Partido

Xornada41 CD Mirandés - RC Deportivo

20 XUL

Luns 21:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada42 RC Deportivo - CF Fuenlabrada