RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o choque ante o Cádiz CF con 20 futbolistas convocados

José Luis Martí citou a 20 xogadores para o partido de mañá domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o Cádiz CF (16:00 horas, Movistar Partidazo).

O técnico deportivista explicou en rolda de prensa que Borja Valle e Domingos Duarte, que acusan golpes nun calcáneo e un xeonllo respectivamente, "están un pouco rengueantes. A ver mañá como se levantan, como transcorre o día de hoxe e mañá se sucede algún inconveniente, ter máis xogadores".

Quedan fóra de maneira obrigatoria, por lesión, Kronh-Dehli e David Simón. O canario adéstrase co grupo, aínda que aínda sen a alta médica.

No adestramento desta mañá no estadio, tamén co fabrilista Montiel, José Luis Martí arrincou cun ensaio de movementos tácticos.

A continuación, após un xogo e uns rondos, os futbolistas disputaron un partido a metade de campo.

O traballo sobre o céspede concluíu con repaso de accións a balón parado.

Os convocados concéntranse mañá pola mañá no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Após o choque ante o Cádiz CF, o cadro regresa aos adestramentos o luns 13 de maio ás 11:00 en Abegondo.