RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o choque ante o CD Lugo coa novidade de Claudio Beauvue entre os 19 elixidos

Fernando Vázquez citou a 19 futbolistas para o encontro de mañá domingo 1 de marzo en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos) ante o CD Lugo, correspondente á 30ª xornada en LaLiga SmartBank.

Quedan fóra da lista de maneira obrigatoria Gaku, sancionado pola súa expulsión da pasada fin de semana en Zaragoza; e Salva Ruiz, que de novo se adestrou hoxe co grupo pero sen alta médica.

Comentou precisamente o técnico deportivista en rolda de prensa que Gaku "é un futbolista que se adapta perfectamente ao fútbol ofensivo, é capaz de despregarse cara arriba". Sobre os seus posibles substitutos mañá en ABANCA-RIAZOR, explicou que Uche "está para xogar. Está mellor. Está nun nivel medio do cadro. É unha opción"; e Vicente "é un futbolista máis posicional. Terá que adaptarse á situación actual do equipo. Estou convencido que o fará sen problemas".

No adestramento desta mañá en Abegondo, despois dun quecemento e rondos, Fernando Vázquez dispuxo unha tarefa de posesión e unha serie de exercicios tácticos no campo 3.

Os futbolistas citados concéntranse mañá domingo á primeira hora no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Tralo encontro ante o CD Lugo, o cadro adestrarase de novo o luns 2 de marzo ás 10:30 horas en Abegondo.