RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o último amigable estival, esta tarde en Foz, con 22 futbolistas

O Deportivo afronta hoxe sábado 11 de agosto (19:00 horas) no campo Municipal Martínez Otero de Foz, co Real Oviedo como rival e co trofeo Vila de Foz en xogo, o último amigable estival.

Para este compromiso están citados 22 futbolistas, entre eles os fabrilistas Diego Caballo, Uxío e Carlos López; ademais de Mujaid, presente durante toda a pretemporada.

Quedan fóra da convocatoria, tocados: Celso Borges, Borja Valle, Christian Santos, Álex Cobo, Francis e Bicho.

Esta mañá, Natxo González dispuxo dunha suave sesión de adestramento cun quecemento, rondos e remates a portería no campo 3.

A organización fixou os seguintes prezos para as entradas:

-Maiores de 16 anos: 15 euros

-De 10 a 16 anos: 7 euros

-Menores de 10 anos: gratis

Após o encontro en Foz, o equipo descansa mañá domingo e regresa aos adestramentos o luns 13 de agosto ás 10:30 en Abegondo.