RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ensaia o remate a portaría nunha sesión de menor intensidade

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou a intensidade do adestramento de hoxe venres pola mañá en Abegondo.

Así, Pepe Mel dividiu ao seu persoal en dous grupos. Mentres un grupo ensaiaba o disparo a portaría, o técnico, no campo anexo, realizaba un traballo táctico por liñas.

Mañá sábado, o equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada que se iniciará ás 10:30 horas.