RCD / NOVAS

O Dépor estará apoiado en Los Pajaritos por un centenar de afeccionados branquiazuis

25/04/2019 17:12

Un centenar de afeccionados deportivistas animarán ao equipo branquiazul desde a bancada visitante do Nuevo Estadio Los Pajaritos, onde o Dépor medirase este venres 26 de abril ao CD Numancia, após pecharse hoxe mércores o prazo de venda das entradas cedidas polo club soriano.

Boa parte de #ANOSAFORZA presente na capital navarra representará ademais a 9 peñas: Chamberí Blanquiazul, Brigantium, O Barometro, O Previo, Ciclón Blanquiazul, Al Sur de Riazor, La Cuesta, Rías Baixas e Centenariazo.