RCD / NOVAS

O Dépor estreará o Metropolitano o 1 de abril ás 20:45 h.

08/03/2018 18:00

LaLiga fixo públicos os horarios da 30ª xornada de LaLiga Santander 2017-2018, na que o Deportivo visitará o Wanda Metropolitano ao Atlético de Madrid.

O encontro disputarase o domingo 1 de abril ás 20:45 horas. O choque será retransmitido por Bein LaLiga.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 28
Venres 9 de marzo, 21:00 horas, Montilivi, Girona - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 29
Sábado 17 de marzo, 13:00 horas, ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Las Palmas (Bein LaLiga)

Xornada 30
Domingo 1 de abril, 20:45 horas, Wanda Metropolitano, Atlético - Deportivo (Bein LaLiga)