RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor fai fincapé esta mañá no aspecto ofensivo

Borja Jiménez incidiu hoxe xoves en Abegondo no aspecto ofensivo de cara ao partido deste domingo 28 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club B (17:00 horas, Footters).

Así, o técnico deportivista dispuxo como unha das tarefas principais desta mañá un exercicio de transicións ofensivas no campo 3 da Cidade Deportiva.

Ademais, como é habitual cada xoves, tocou un primeiro ensaio xeral para recibir a 'os cachorros' en forma dun partido once contra once a todo o campo 2. Cun último partido a metade de campo, xa en espazo reducido, concluíu o traballo sobre o céspede.

Juergen Elitim aseguraba esta mesma mañá ante os medios de comunicación en rolda de prensa que os branquiazuis están "enfocados no obxectivo pero tentamos ir semana a semana gañando todos os partidos posibles e traballando ben día a día. Estou seguro que sendo así conseguiremos o que queiramos".

Todo o cadro exercitouse sobre o céspede, incluídos Noel, Trilli, Alberto e Yeremay, os representantes de #ANOSACANTEIRA hoxe co primeiro equipo.

Mañá venres 26 de novembro, o Deportivo regresa a Abegondo para un novo adestramento que arrancará ás 11:00 horas no campo, con almorzo previo a partir das 9:00 horas no comedor da instalación.