RCD / NOVAS

O Dépor Feminino A, ao asalto do liderado mañá en Cantabria

  O Deportivo Feminino A xógase mañana domingo (12.00 horas no campo de San Ana en Tanos) o liderado do grupo primeiro da Segunda División Nacional. Segundo na táboa con 7 puntos, o conxunto deportivista visita á Ave Fénix Racing, primeiro con 9 puntos de 9 posibles.

01/10/2016 18:36

Manu Sánchez, técnico branquiazul, citou para este encontro entre dous candidatos ao título a estas xogadoras: Anita, Malena, Faragulla, Cris, Carmela, Raquel, Eva, Miriam, Tere, Gere, María Curral, Ari, Lea, Estefi, Nuria e Noe.