RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor Feminino foi subcampión do Torneo de Vitoria

Nesta semana sen competición ligueira, o Deportivo Feminino A, líder do grupo primeiro da Segunda División Nacional, foi subcampeón hoxe sábado 22 de outubro nas instalacións de Olaranbe en Vitoria - Gasteiz dun trofeo d

A modalidade de competición foi a de semifinais, terceiro e cuarto posto e final; con partidos de dous tempos de 25 minutos cada un.

Na primeira semifinal, o Dépor Feminino A impúxose con todo merecemento ao Parquesol (2-0), con tantos de Elvira e Lea.

Dépor Feminino A: Malena, Raquel, Perdi, Carmela, Faragulla, Gere, Ari, Eva, Patri, Elvira e Cris. Tamén xogaron: Anita, Miriam, Tere, Lea e María Curral.

Na gran final, o rival foi o Athletic Club, que na súa semifinal apeou á Selección Navarra Sub-18. Caeron con todas as honras as deportivistas (2-0). As vascas adiantáronse na primeira metade, pero as coruñesas non foron capaces na segunda parte de materializar as súas ocasións.

Deportivo Feminino A: Anita, Raquel, Miriam, Carmela, Faragulla, Perdi, María Curral, Eva, Patri, Cris e Elvira. Tamén xogaron: Ari, Malena, Gere e Lea.

O Dépor Feminino A retorna á competición ligueira o próximo fin de semana en Arteixo, co Xixón FF como rival.