RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor gaña de penalti un partido cun marcador curto para as ocasións vistas

Deportivo e SD Ponferradina continuaron cos seus particulares axustes de pretemporada nun entretido partido en Vilalba, curto en goles pero pródigo en ocasións en ambas as áreas.

No arranque o dominio e as chegadas foron da Ponferradina ante un Dépor que aos poucos se foi facendo co control do xogo para chegar por primeira vez con claridade a portería nunha gran parede entre Borja Galán e Vicente que sacou Son baixo paus. Un minuto despois o tiro raso axustado ao pau de Borja Valle foise fóra por centímetros. De novo o berciano ante o equipo da súa cidade, no minuto 23, rematou axustado após unha boa xogada por banda dereita e asistencia de Pedro Sánchez.

Ao fío da media hora, unha falta botada con rosca por Aketxe atopou a cabeza de Somma que rematou alto. A balón parado tivo dúas boas a Ponferradina, nunha falta directa e a remate do consecuente córner que, en ambos os casos, topáronse cun atento e áxil Dani Giménez.

Unha rápida contra de Valle que acabou nun man a man de novo atopouse cun defensa baixo paus, neste caso Russo, para evitar o primeiro gol deportivista. Como puido chegar tamén no 38, pero en portería coruñesa, con disparo cruzado de Isi ao pau dereito de Dani Giménez.

A segunda parte empezou cun ritmo máis baixo por parte de ambos os equipos e dominio deportivista nunha monotonía rota após os primeiros cambios do partido. Un penalti cometido sobre Borja Galán foi transformado polo seu homónimo Valle, enganando ao porteiro e axustando ao pau.

A gran ocasión do segundo tempo tívoa David Sánchez que se atopou cun Gazzaniga rápido de reflexos ante o seu remate.

Cunha falta ben lanzada por Fede Cartabia, que de novo se atopou co porteiro italiano da Deportiva, concluíu o antepenúltimo test de pretemporada do Dépor.

RC Deportivo: Dani Giménez (Koke, min. 60), Eneko Bóveda (Valín, min. 70), Lampropoulos (Bourdal, min. 70), Michele Somma (Mujaid, min. 60), Diego Caballo (Marti Vilà, min. 70), Álex Bergantiños (Gandoy, min. 70), Ager Aketxe (Gerard Valentín, min. 70), Pedro Sánchez (Fede Cartabia, min. 60), Vicente Gómez (David Sánchez, min. 70), Borja Galán (Javi Sánchez, min. 70) e Borja Valle (Pedro, min. 70)

SD Ponferradina: Manu (Gazzaniga, min. 60), Son, Trigueros (Zabaco, min 79), Ríos Reina, Óscar Sielva (Amaozou, min. 79), Nacho Gil (Fullana, min. 45), Isi (Dani Pichín, min. 65), Russo, Bravo (Valcárcel, min. 45) Kase (Bolaños, min. 65) e Yuri (Buenacasa, min. 60. Saúl Crespo, min. 71).

Gol: 1-0 Borja Valle, de penalti (min. 63).

Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez (c. galego), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez e Adrián Estévez. Amoestou a Son (min. 26) e Zabaco (min. 90)

Incidencias: partido amigable, cuarto da pretemporada do Dépor 2019-2020, disputado no Estadio Municipal da Magdalena ante uns 2.000 espectadores.