RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine comeza unha nova edición da liga de fútbol sala da FGDA

O Deportivo de LaLiga Genuine inicia este mércores 20 de febreiro a súa participación nunha nova edición da liga de fútbol sala da Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).

A localidade de Redondela acollerá a primeira xornada desta temporada. O Deportivo Genuine medirase ao Aspavi no Polideportivo A Marisma, a partir das 12:00 horas. Ás 13:30 horas enfrontarase ao Juan XXIII no Pavillón Municipal de Redondela.

Os doce convocados ás ordes de Lucía Otero son: Andrés Manuel Barbeito, Iván Bernárdez, Bárbara Gabriela Flores, Alejandro Gómez, Jesús Máximo González, Roi González, Gabriel López, Álvaro López, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Alejandro Rey e Víctor Vales.