RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine exerceu de anfitrión da segunda xornada da II Liga Galega de Fútbol 8 da FGDA

Dous equipos do Dépor Genuine, o Dépor Genuine Competición e o Dépor Genuine Adaptado, exerceron de anfitrións onte mércores 25 de maio dunha nova xornada da II Liga Galega de Fútbol 8, campionato que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).

A Cidade Deportiva de Abegondo acolleu dez encontros das dúas competicións do campionato, nos que tomaron parte outros tantos equipos.

O Dépor Genuine Competición impúxose nos seus dous encontros, mentres que o Dépor Genuine Adaptado sumou un empate e unha derrota.

Estes foron os resultados de ambos os conxuntos do Dépor Genuine:

DÉPOR GENUINE COMPETICIÓN 1 - FUNDACIÓN CELTA INTEGRA B 0
ASDAN 1 - DÉPOR GENUINE COMPETICIÓN 4

DÉPOR GENUINE ADAPTADO 1 - SAN RAFAEL B 4
SAN RAFAEL A 1 - DÉPOR GENUINE ADAPTADO 1

A mala noticia da xornada foi a lesión sufrida por Álex Gómez Barbeito, xogador do Dépor Genuine Competición que se fracturou a tibia e o peroné no partido fronte ao Fundación Celta Integra B. Álex foi operado de urxencia despois de que os seus compañeiros dedicásenlle o triunfo fronte ao equipo vigués.