RCD / NOVAS

O Dépor Genuine participa na Liga Social Cidade da Coruña · RC Deportivo

27/01/2020 09:56

Un ano máis dispútase a Liga Social Cidade da Coruña · RC Deportivo, organizada pola Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, e na que participan equipos de diferentes entidades sociais da cidade: Adcor e Aspronaga (do colectivo de discapacidade), Apem (do colectivo de enfermidade mental), Casco (do colectivo de exclusión social), Aclad (do colectivo de persoas con trastornos adictivos), Softeck, SA (empresa do ámbito da informática e comunicacións), Accem (do colectivo de persoas inmigrantes) e a propia Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos (do colectivo de exclusión social e persoas sen fogar).

Desde 2016 esta Liga conta co apoio do Dépor, agora xa a través da Fundación RC Deportivo e, desde este ano, cun equipo branquiazul en liza. O Deportivo de LaLiga Genuine únese a esta actividade para participar cunha selección das súas xogadoras e xogadores.

Onte tocou debutar no Polideportivo de Cocheiras en Labañou en unn partido ante ACCEM (Asociación Comisión Católica Española de Migracións). Os branquiazuis caeron por 2-8. Os dous goles deportivistas fueronn obra de Álex Rei. O próximo partido do Dépor Genuine nesta competición terá lugar o próximo 22 de febreiro.