RCD / NOVAS

O Dépor Genuine participa no III Torneo Integra, o luns 15 de abril en Baiona

14/04/2019 12:49

O equipo do Deportivo de LaLiga Genuine tomará parte no III Torneo Integra, que se disputa o luns 15 de abril na localidade pontevedresa de Baiona, organizado polo CF Erizana.

O Deportivo Genuine terá como rivais ao Real Oviedo e a dous equipos da Fundación Celta Integra. Os encontros, que se disputarán nas instalacións deportivas de Aral-Fontiñas, arrancarán ás 17:00 horas e finalizarán ao redor das 20:00 horas.

Este é o calendario de partidos do Deportivo Genuine:

17:00: REAL OVIEDO - RC DEPORTIVO (campo 2)
18:15: RC DEPORTIVO - FUNDACIÓN CELTA INTEGRA A (campo 1)
19:30: RC DEPORTIVO - FUNDACIÓN CELTA INTEGRA B (campo 2)

Os 16 convocados son os seguintes: Andrés Manuel Barbeito, Gabriel Cives, Sergio Díaz, Bárbara Flores, Alejandro Gómez, Jesús Máximo González, Roi González, Samuel Martínez, Javier Martínez, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Juan Andrés Taboada, Juan Agustín Torrens, Daniel Trasancos, Cristian Vázquez e Mario Ventura.

A expedición deportivista pasará a noite en Baiona e, após visitar a localidade e realizar diversas actividades de lecer, regresará á Coruña na tarde do martes 16.