RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor inicia o calendario de amigables con triunfo en Vilalba (0-2)

O Deportivo iniciou esta tarde o calendario de amigables de pretemporada. Fíxoo con lóxica vitoria (0-2) ante o Racing Villalbés, un rival da zona alta de Terceira División, que se presentou ao encontro cun só adestramento, onte mesmo.

Pepe Mel deixouse en Abegondo aos internacionais (Borges, Fayçal, Andone e Çolak) e Juan Domínguez, os lesionados (Fede Cartabia e Borja Galán), ademais das dúas últimas incorporacións (Carles Gil e Gerard Valentín).

Na Magdalena, como fará mañá venres na Lomba ante o Arosa e o sábado no Campus de Elviña ante o Silva, o Dépor presentou dous onces distintos, un en cada tempo.

Entre eles Luisinho, que hoxe mesmo recibiu a alta médica, unha vez superada a lesión no seu xeonllo coa que acabou a temporada pasada.

Máis aló dun simple adestramento con público, o partido deixou o debut co primeiro equipo de Fede Valverde, e os canteiráns Aarón, Adrián e Pedro.

Ademais dos dous goles, o Dépor dispuxo de moi boas ocasións por medio de Pinchi, Fede Valverde ou Guilherme que estrelou un balón no traveseiro no primeiro tempo, ou Juanfran que axustou demasiado unha gran oportunidade.

Racing Villalbés: Marcos Souto, Dani Montes, David Buyo, Vérez, Xusto, Javi Varela, José Varela, Pablo Viveiro, Sergio Arias, Álex Pérez e Villares. Tamén xogaron: Make, Javi Pita, Muiña, David, Aarón, Moreda, Sergio Rodríguez, Alberto e Manu.

Deportivo, primeiro tempo: Tyton, Borja Valle, Albentosa, Róber, Navarro, Guilherme, Fede Valverde, Bicho, Óscar, Aarón e Pedro.

Segundo tempo: Rubén, Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho, Mosquera, Edu, Queijeiro, Saúl, Bruno Gama e Adrián.

Goles: 0-1, m. 20: Óscar Pinchi; 0-2, m. 52: Bruno Gama.

Árbitro: López Fernández, do Colexio Lucense.