RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor iniciará a pretemporada con máis de 9.000 socios

O Real Club Deportivo disputará o primeiro encontro da pretemporada, ante o Fabril mañá sábado en Abegondo a partir das 10:30 horas, despois de superar a barreira dos 9.000 socios.

O RC Deportivo lembra aos seus afeccionados que ao partido inaugural da pretemporada só poderase acceder co novo carné de socio. Só eses algo máis de 9.000 abonados para o curso 2018-2019 poderán presenciar o encontro nas bancadas da Cidade Deportiva branquiazul.

Non se porán entradas de pago á venda nin se poderá acceder á Cidade Deportiva co abono do curso pasado.

Igualmente, cabe lembrar que restan menos de dúas semanas para que os socios poidan renovar o seu abono no mesmo asento da campaña pasada.

O xoves 2 de agosto esgotarase o prazo para manter asento e para aproveitarse do prezo un 5 por cento inferior (10 por cento no caso da modalidade ADN Branquiazul) ao da Temporada 2017-2018 en todas as localidades do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR, a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n), polo que se recomenda utilizar a plataforma de cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es), que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas.

Igualmente, por quinta campaña consecutiva, os afeccionados poderán renovar o seu carné por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es/gl/. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA O DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019