RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor leva a 18 futbolistas ao partido de mañá ante o CA Osasuna

José Luis Martí leva a 18 futbolistas a Pamplona para medirse ao CA Osasuna en El Sadar mañá sábado 13 de abril (18:00 horas, Movistar Partidazo).

As novidades son Pedro Mosquera e Dubarbier, que regresan a unha convocatoria; ademais de Álex Bergantiños, após cumprir ante o Rayo Majadahonda a pasada fin de semana un partido de sanción.

Quedan fóra de maneira obrigatoria os lesionados Fede Cartabia, Krohn-Dehli, Carlos Fernández e David Simón.

No adestramento desta mañá, hoxe ademais co carrilero fabrilista Valín, após un quecemento e un exercicio de automatismos de ataque, o técnico deportivista dispuxo un partido a medio campo e, para concluír, un rápido repaso ás accións a balón parado.

Os 18 convocados viaxan por estrada acto seguido, segundo esta folla de ruta:

Venres 12 de abril
12:00: Saída en autocar a Pamplona con parada para comer no Hotel Celuisma Ponferrada
20:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel NH Iruña Park de Pamplona

Sábado 13 de abril
18:00: CA Osasuna - Deportivo, en El Sadar
Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña

O domingo 14, o cadro está citado en Abegondo ás 12:30 horas para un novo adestramento.