RCD / NOVAS

O Dépor leva a Lugo a todos os dispoñibles, 19, e ao fabrilista Mujaid

30/11/2019 13:35

O Deportivo encara a visita ao CD Lugo mañá domingo 1 de decembro no Anxo Carro (18:00 horas, Movistar LaLiga 1) con todos os futbolistas do primeiro cadro dispoñibles, 19; e o fabrilista Mujaid. "É un desprazamento cerquiña, saímos mañá. Demoro facer unha convocatoria (de 18) até a hora do partido. Teño esa posibilidade. Non é unha viaxe longa", explica Luis César na sala de prensa de Abegondo.

Quedan fóra da convocatoria maneira obrigatoria os lesionados David Simón, Jovanović e Salva Ruiz.

Esta mañá, no adestramento en Abegondo, Luis César, após un quecemento con xogos, dispuxo un último ensaio de accións a balón parado e un partido táctico 11 contra 11 no campo 2, hoxe ademais coa participación dos canteiráns Valín e Gandoy, ademais do citado Mujaid.

Os convocados están citados mañá domingo, día do partido, para almorzar na Cidade Deportiva e, acto seguido, desprazarse a Lugo por estrada, segundo esta folla de ruta:

Domingo 1 de decembro
10:15: Saída en autocar a Lugo
11:15 (horario aproximado): Chegada ao hotel Eurostars Gran Hotel Lugo
18:00: CD Lugo - Deportivo, no Anxo Carro
Ao concluír, regreso á Coruña

Finalizado o encontro no Anxo Carro, todo o cadro adestrarase de novo o luns 2 de decembro ás 11:00 horas en Abegondo.

RCD / AXENDA

03 XUN

Mércores 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

03 XUN

Mércores 18:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

04 XUN

Xoves 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

05 XUN

Venres 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

06 XUN

Sábado 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

14 XUN

Domingo 17:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada32 RC Deportivo - Real Sporting

17 XUN

Mércores 19:30 Carlos Tartiere

Partido

Xornada33 Real Oviedo - RC Deportivo