RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor lidera o programa formativo da UEFA, con premios para Nájera, Martín Ochoa e Rubén López

Ademais da competición, a UEFA, na Youth League, organiza unha serie de actividades sociais e educativas paralelas para que a formación de todos os xogadores e equipos participantes no torneo sexa o máis completa posible. Desde o inicio, na súa primeira participación na UEFA Youth League, o RC Deportivo, grazas ao interese dos seus xogadores e técnicos, encabezou con moita diferenza o ranking de equipos que utilizan a APP formativa da UEFA e máis e mellor atención prestan a todas as súas propostas.

O Dépor é o primeiro dunha clasificación, cunha diferenza dificilmente superable e que está do seguinte modo nos seus 15 primeiros postos:

RC Deportivo
FK Crvena Zvezda
FC Internazionale Milano
FC Shakhtar Donetsk
Liverpool FC
Rangers FC
FC Dynamo Kyiv
HNK Hajduk Split
KRC Genk
NK Domžale
Club Atlético de Madrid
Club Brugge KV
Real Madrid CF
FC Bayern München
FC Salzburg

O esforzo colectivo do cadro tamén ten o seu recoñecemento individual, porque Mario Nájera e Martín Ochoa, xunto con Kristian Webster do Rangers, foron os gañadores da aplicación UEFA For Players no mes de novembro, como en outubro foino Rubén López (Luka Bošković -FK Crvena Zvezda- e David Navarro -Atlético de Madrid- acompañáronlle no podium). Xunto con Manu Berrocal, destacou ese mes por completar os 8 módulos con boas notas, polo que, ademais da UEFA o Club quixo ter un detalle con eles como recoñecemento. Hugo Ríos e Hugo Padín son outros dos canteiráns que máis contribuiron á gran diferenza de actividade do Dépor fronte ao resto de clubs.

UEFA For Players é unha aplicación móbil deseñada para expandir o coñecemento do fútbol e a xestión de carreiras dos xogadores a través dos seus dispositivos de conexión. Hai unha ampla gama de módulos educativos sobre diferentes temas (Antidoping, integridade, imaxe, xogo, finanzas, xogo limpo, responsabilidade social) todos sobre vídeos de simulación inmersiva e estudos de casos da vida real. A aplicación é altamente interactiva e proporciona a información máis recente sobre a xestión da carreira futbolística, así como unha subministración de noticias semanal con contido actualizado e próximos eventos.

Ademais o RC Deportivo participa no proxecto social da UEFA Youth League para organizar ao longo da temporada unha actividade nas instalacións dun proxecto solidario cos xogadores e persoal deportivo para crear conciencia e solidariedade. O proxecto elixido é "Mételle un gol ao cancro" que destina a súa recadación ao Centro Oncolóxico de Galicia, para o que a UEFA achegou 500 euros aos que se sumou a recadación das entradas do primeiro partido da competición disputado en ABANCA-RIAZOR contra o Pogoń, para un total de 6.185 euros.