O Dépor logra a medalla de ouro no Torneo Infantil de Ponte de Frielas (Portugal)
O Infantil do Deportivo proclamouse hoxe martes 13 de febreiro brillante campión do Torneo Internacional de fútbol 9 Ponte de Frielas (Portugal), competición na que participaron os mellores clubs lusos.
Hoxe, os branquiazuis, dirixidos por José Manuel Arrojo 'Noni' e Juan Villamisar, superaron ao Sporting Club de Portugal na quenda de penaltis definitiva (4-5), despois de que o tempo regulamentario finalizase en empate (1-1). Carlos foi o autor do único tanto deportivista nun partido de poder a poder.
Deportivo: Rodrigo, Dani, Carlos, Gabri, Carreira, Yago, Mella, Domínguez e Sierra. Tamén xogaron: Martiño, Manu e Meki.
Os resultados do Infantil foron os seguintes:
Primeira Fase Sábado 10 de febreiro ESTORIL 0 - DEPORTIVO 4 (Álvaro -2-, Meki e Manu)
Domingo 11 de febreiro BENFICA 1 - DEPORTIVO 1 (Carreira) PONTE DE FRIELAS 0 - DEPORTIVO 7 (Álvaro -2-, Gabri, Martiño, Mella, Marcote e Carreira)
Luns 12 de febreiro Semifinal OS BELENENSES 1 - DEPORTIVO 4 (Carlos -2- e Mella -2-)
Martes 13 de febreiro Final SPORTING CLUB DE LISBOA 1 - DEPORTIVO 1 (Carlos). Por penaltis: 4-5