RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor logrou a medalla de ouro da Malpica Vidú Cup

Un equipo cadete do Deportivo disputou hoxe sábado 16 de xuño a 2ª edición da Malpica Vidú Cup, un torneo organizado polo Concello de Malpica e a Asociación Deportiva Vidú.

O Dépor logrou a medalla de ouro, após imporse na final ao Pontevedra CF (3-1), con tantos de Padín, Novoa e Quique.

O cadro branquiazul colleitou estes resultados:

Primeira Fase
DEPORTIVO 1 (Abele) - LUGO 2
SELECCIÓN DA COSTA 0 - DEPORTIVO 2 (Padín e Roque)
GD CHAVES 0 - DEPORTIVO 2 (Padín e Trilli)

Cuartos de final
DEPORTIVO 2 (Dani Barcia e Padín) - BERGANTIÑOS 0

Semifinais
DEPORTIVO 3 (Noel, Abele e Axel) - GD CHAVES 0

Final
DEPORTIVO 3 (Padín, Novoa e Quique) - PONTEVEDRA 1