RCD / NOVAS

O Dépor mantense no podio no palmarés da Supercopa de España

13/01/2020 12:25

Onte xogouse a 36ª edición da Supercopa de España, que este ano ademais estreou formato, con 4 participantes, e sede, a cidade de Yeda, en Arabia Saudita.

Co título onte para o Real Madrid CF, o Deportivo mantense no podio no palmarés histórico desta competición oficial que enfronta tradicionalmente desde 1982 ao campión de Liga e ao de Copa do Rei.

As vitrinas branquiazuis acollen 3 supercopas, logradas nos anos 1995, 2000, 2002 co Real Madrid, a primeira e terceira, e RCD Espanyol, a segunda, como rivais. Todas elas están expostas no Restaurante Tira do Playa, xusto enfronte de ABANCA-RIAZOR.

Só superan ao Dépor no palmarés o FC Barcelona, con 13; e o Real Madrid, que onte sumou o número 11.

Por detrás dos branquiazuis están históricos do fútbol español como o Atlético de Madrid (2 títulos) e Athletic Club (2). Valencia CF ou Sevilla FC, por exemplo, conquistaron 1.

Nesta ligazón podes ver as fotografías que o Club ten no seu poder das súas diferentes participacións e conquistas da Supercopa e que calquera afeccionado pode ver na páxina web ReCorDos.