Gaizka Garitano citou esta mañá aos mesmos 18 futbolistas que o pasado luns ante a Real Sociedad para o encontro de mañá sábado 10 de decembro ante o Real Madrid (20.45, Bein Sports) no Estadio Santiago Bernabéu.
Cos fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve e Quique Fornos, o equipo preparou o partido cun exercicio de partidos con porterías pequenas, un traballo de centros e remates e, para concluír, un partido once para once, antes do ensaio de accións a balón parado.
O equipo viaxa esta tarde a Madrid, segundo este plan de viaxe:
Venres 9 de decembro 17:40: Saída do voo regular de Iberia do Aeroporto da Coruña con destino Madrid - Adolfo Suárez 18.45: Chegada aproximada a Madrid e aloxamento no Hotel Meliá Los Galgos
Sábado 10 de decembro 20:45: Real Madrid - RC Deportivo, no Estadio Santiago Bernabéu
Domingo 11 de decembro 01.00: Saída do voo chárter do Aeroporto de Madrid Adolfo Suárez con destino Santiago 02.00: Chegada aproximada a Santiago 11.30: Adestramento en Abegondo