RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor osixénase cun adestramento a base de xogos e rondos

O Deportivo rebaixou esta mañá a carga física cun adestramento suave que arrancou con xogos de habilidade e rondos. Unha tarefa de movementos ofensivos con finalizacións puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede. De regreso ao vestiario, houbo ximnasio e fisioterapia para todos os xogadores.

Os únicos futbolistas que se adestraron con normalidade toda a sesión foron os dous porteiros, Ian Mackay e Pablo Brea, baixo a supervisión do preparador de porteiros Alberto Casal.

O cadro ao completo exercitouse sobre o céspede, incluídos Noel, Trilli e Yeremay, representantes de #ANOSACANTEIRA hoxe co primeiro equipo. "Sobre todo nos partidos en ABANCA-RIAZOR, que che permite ter a case todo o cadro dispoñible é positivo. Está ese factor de non poder utilizalos a todos, de telos alí sen poder xogar... Fóra de casa estamos a deixar a algún xogador menos por loxística, xogadores que saibas que a priori non van participar... Cando dobras posicións ter máis xogadores non ten moito sentido. Non hai que facer dano ao xogador. Estou encantado de que estean todos dispoñibles, de que poidan competir entre eles, de que o nivel aumente nos nosos adestramentos... Fantástico. Que siga así moito tempo porque quere dicir que non temos lesións e iso é positivo", razoa Borja Jiménez na sala de prensa.

Mañá sábado 27 de novembro ás 11:00, o Deportivo realizará en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a última sesión de adestramento previa ao partido ante o Athletic Club B deste domingo 28 de novembro ás 17:00 horas (Footters).