RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha a pretemporada sen derrotas e con só 2 goles encaixados

A LXXIV edición do Trofeo Teresa Herrera puxo o punto final onte á pretemporada do Dépor. Por diante xa 42 xornadas de LaLiga SmartBank que arrincan o domingo 18 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o Real Oviedo (18:00 horas).

O verán péchase con 5 triunfos (un deles, o do CD Tenerife, en partido a 45 minutos), 2 empates (un deles, ante o Pontevedra CF, en partido de 45 minutos) e sen derrotas.

O balance goleador é tamén favorable. Os pupilos de Anquela anotaron 8 goles e recibiron 2.

Entre os anotadores, os pichichis foron Christian Santos e Borja Valle, con 2 goles cada un. Completaron a nómina: Bóveda, Mujaid, Borja Galán e Aketxe.

Os resultados do Dépor foron os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 (Christian Santos e Mujaid) - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro, Deportivo 1 (Borja Valle) - Racing de Ferrol 1. A penaltis: 9-10
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), Trofeo Cidade de Pontevedra, Deportivo 2 (Aketxe e Borja Galán) - CD Tenerife 1. A penaltis: 0-1; Pontevedra CF 0 - Deportivo 0
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo 1 ( Borja Valle) - SD Ponferradina 0
Mércores 7 de agosto: A Veigona (Luarca), Trofeo Ramón Losada, Deportivo 1 (Christian Santos) - Unionistas de Salamanca CF 0
Sábado 10 de agosto: ABANCA-RIAZOR, Trofeo Teresa Herrera, Deportivo 1 (Bóveda) - Real Betis 0