RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha a semana de traballo cunha suave sesión dunha hora

O Deportivo pechou a semana de adestramentos hoxe sábado cunha suave sesión dunha hora de duración.

Con Mujaid e Salva Ruiz como únicos xogadores con adestramento específico, ás 09:30 arrincaba a sesión o primeiro grupo de xogadores e ás 10:30 o segundo, tal e como establece o protocolo de LaLiga na súa Fase 3.

Após un quecemento, Fernando Vázquez dispuxo dun roldo, un partido ao ancho do campo 2 e, para concluír, uns estiramentos no campo principal, supervisado polo preparador físico Manuel Pombo.

O Dépor descansa mañá domingo e volve aos adestramentos o luns, en horario matinal aínda por determinar.