RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha xullo con 15.287 abonados. Últimas 48 horas para renovar co asento garantido

Ao peche da Oficina de Atención ao Deportivista o último día do mes, e sumadas as renovacións online da xornada, o Real Club Deportivo conta, a 31 de xullo de 2018 con 15.287 abonados. Deste total, 681 son novas altas e 2.638 renovaron por internet. O resto fixérono presencialmente na OAD, que permanece aberta, como cada día, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os sábados de 10:00 a 13:00 horas. 

Até o xoves 2 de agosto (incluído) manterase a reserva do seu asento (activa desde o pasado 11 de xuño) que, de non ser renovado, quedará liberado e posto a disposición doutros socios. Aínda que este ano non hai Trofeo Teresa Herrera no verán e LaLiga non empeza en ABANCA-RIAZOR até a cuarta xornada do campionato, é importante lembrar que estas son as datas destacadas do calendario da campaña de abonados:


3 ao 7 de agosto: cambios de localidade de asentos liberados só para socios e só mediante cita previa.

8 ao 10 de agosto: alta de socios de asentos liberados só mediante cita previa.

11 de agosto: subida do 5% no prezo dos abonos.

Debido ás obras da cuberta do Estadio ABANCA-RIAZOR, a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n), polo que se recomenda utilizar a plataforma de cita previa (citaprevia.rcdeportivo.es), que cumpre a súa terceira temporada activa, para axilizar os trámites e reducir as colas.

Igualmente, por quinta campaña consecutiva, os afeccionados poderán renovar o seu carné por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es. Tamén está dispoñible, un ano máis, o sistema de financiamento do abono a través de ABANCA, cuxo trámite poderá realizarse de forma directa na OAD.

CONSULTA Ou DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DA CAMPAÑA DE ABONOS DO REAL CLUB DEPORTIVO 2018-2019