RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pelexará co Mallorca por unha praza en Primeira División

O Deportivo xa ten rival na final polo ascenso a LaLiga Santander: o Real Mallorca.

O conxunto deportivista enfrontarase ao equipo balear por unha praza a próxima temporada en Primeira División.

O partido de ida xogarase en ABANCA-RIAZOR este xoves 20 de xuño ás 21:00 horas (Movistar Partidazo). A volta será en Son Moix o domingo 23 de xuño, tamén ás 21:00 horas (Movistar Partidazo).

Do mesmo xeito que na primeira eliminatoria, en caso de empate a goles ao termo dos dous partidos e da prórroga do encontro de volta, non haberá penaltis e sería o Mallorca, como equipo mellor clasificado en LaLiga 1|2|3, o que lograse o obxectivo.

O Dépor, após o descanso de hoxe domingo, volve aos adestramentos mañá luns ás 11:00 en Abegondo.