RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pon rumbo esta mañá ao maratón de partidos de final de xaneiro

O Deportivo puxo rumbo hoxe mércores en Abegondo ao maratón de partidos cos que finaliza o mes de xaneiro: visitas ao DUX Internacional de Madrid (domingo 23 ás 12:00 horas) e ao Zamora CF (mércores 26 ás 20:00 horas); e encontro ante o Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR (domingo 30 de xaneiro ás 19:00 horas).

Álex Bergantiños, capitán do Deportivo, asegurou esta mañá na sala de prensa que os futbolistas branquiazuis están "ilusionados. Foi un pouco estraño o parón de Nadal, logo xogar un partido e agora volver parar, pero tentamos planificar todas as semanas cun contexto parecido e a verdade é que con ganas de retomar adestramentos, preparar ben o partido do DUX Internacional e logo loxicamente vai ser unha semana con pouco tempo de recuperación, de preparación, porque son tres partidos moi seguidos pero con ganas de sacalos adiante".

Con Trilli e Noel concentrados coa selección española sub-19 en Alfaz del Pi (Alacante) até esta tarde e con Jaime con traballo personalizado, Borja Jiménez puido contar co resto do seu cadro sobre o céspede, incluídos ademais os canteiráns Yeremay, Alberto, Brais Suárez, Iván Guerrero e Juan Rodríguez.

Após un quecemento, Luis Fandiño, preparador físico do equipo, supervisou un circuíto de forza con finalizacións.

A continuación, o corpo técnico branquiazul dispuxo un partido a tres cuartas partes do campo 2 e, para concluír, un torneo de partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá xoves 20 de xaneiro o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.