RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse ao choio cos fabrilistas Valín, Mujaid, Gandoy e Álex Cobo

Finalizada a primeira parte da semana de recuperación e acondicionamento físico, o Deportivo regresou ao céspede de Abegondo xa cos 5 sentidos postos na visita do Elche CF a ABANCA-RIAZOR, deste domingo 10 de novembro (12:00 horas, Movistar LaLiga).

Coas únicas ausencias de Luis Ruiz e David Simón, ambos no ximnasio; e de Álex Bergantiños, con permiso hoxe, Luis César contou hoxe mércores cos fabrilistas Valín, Gandoy, Mujaid e Álex Cobo.

Após un quecemento e rondos, o técnico deportivista dispuxo un exercicio de finalizacións e un traballo táctico no campo 2.

Mañá xoves, o cadro adestrarase de novo ás 11:00 horas en Abegondo.