RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse en marcha con especial fincapé nos remates a portería

O Deportivo púxose en marcha esta mañá de cara á seguinte cita ligueira en Primeira RFEF, a visita da UD San Sebastián de los Reyes prevista para este sábado 16 de outubro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Footters).

Aínda coas innumerables ocasións das que gozou o equipo o pasado sábado en Irún na retina de xogadores e técnicos, Borja Jiménez fixo especial fincapé neste primeiro adestramento semanal nas finalizacións.

A mañá arrancou na sala de vídeo. A continuación, após un quecemento, houbo por grupos un circuíto de forza e unha tarefa de remates a portería.

Acto seguido, o técnico deportivista dispuxo un exercicio de posesión de balón e logo un traballo de duelos con finalizacións.

Un torneo de partidos en espazo reducido co cadro dividido en tres equipos puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Pablo Trigueros, Valín e Trilli traballaron á marxe do grupo, ademais de Alberto Benito, que estará os próximos días con adestramento específico debido a unhas molestias na rexión inguinal esquerda. Tanto Valín como Trilli saltaron tamén ao céspede para adestrarse co readaptador, Álex Canosa.

Con Alberto e Yeremay convocados polo Fabril para o partido de liga en Terceira RFEF desta tarde no Couto fronte ao Ourense CF, Noel, ademais do citado Trilli, foi o representante de #ANOSACANTEIRA hoxe martes.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas. Antes, o cadro reunirase para almorzar ás 9:00.