RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse en marcha con só Jaime e Trilli fóra do grupo

Despois de dous días de descanso, o Deportivo botou a rodar esta mañá en Abegondo de cara á próxima cita ligueira, o domingo 26 de setembro ás 12:00 (Footters) ante o Unionistas de Salamanca CF.

O encontro, quinta cita en Primera RFEF, provocará o primeiro gran desprazamento de #ANOSAFORZA posto que onte luns en cuestión de minutos esgotáronse todas as entradas postas a disposición do Deportivo polo Unionistas.

Borja Jiménez puido dispoñer hoxe de todo o seu cadro fóra dos dous lesionados, Trilli e Jaime. O canteirán quedou no ximnasio cos fisioterapeutas mentres que o central gaditano exercitouse no céspede co readaptador do primeiro cadro, Álex Canosa.

Após un quecemento e rondos, o corpo técnico branquiazul dispuxo un exercicio con porterías pequenas e un partido táctico no campo 2 a metade de campo.

Alberto, Noel e Yeremay, á marxe do citado Trilli, foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas. Antes, o cadro branquiazul reúnese para almorzar ás 9:00 no comedor da instalación deportivista.